Cámara de Comercio del Ferrol

antenas camerais

Que son as antenas?

As antenas son oficinas da Cámara que prestan servizos en distintos municipios para estar máis cerca das empresas da súa demarcación territorial. Desta forma, proporcionan unha resposta local ás demandas das pequenas e medianas empresas e os autónomos.

Ao abeiro de senllos convenios cos respectivos concellos, e co apoio económico do Fondo Social Europeo, concretouse esta iniciativa de descentralización que permitiu a Cámara abrir dúas antenas nas localidades de Ortigueira e As Pontes.

Trátase, en defintiva, de superar as barreiras que impón a distancia, de evitar os desprazamentos de empresas e emprendedores e de ofrecerlles un acceso igualitario a servizos, programas, recursos e oportunidades dirixidos a mellorar o desempeño da súa actividade.


 
 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. C/María, 158. 15401. Ferrol (A Coruña) -Tl. 981 35 66 37 -