Cámara de Comercio del Ferrol

formación

Capacitación Profesional

Nos últimos anos, numerosos sectores e colectivos que exercen actividades de risco ou traballos especializados, vénse na necesidade de certificar e homologar os coñecementos e as aptitudes dos profesionais que os integran.
Por este motivo, desde a Cámara queremos facilitar o cumprimento desta obriga de certificar a formación especializada destes colectivos, con cursos específicos para os empresarios e traballadores directamente implicados.

  • Manipuladores de alimentos
    Formación en hixiene alimentaria dirixida á obtención do certificado de manipulador de alimentos que precisan todas aquelas persoas que pola súa actividade laboral teñen contacto directo dos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro e servizo.

  • CAP: Certificados de aptitude profesional para transportistas
    Requírese a obtención destes certificados para aqueles profesionais do transporte de mercancías e de viaxeiros que conduzan por vías públicas vehículos de empresa para os que resulte obrigatorio estar en posesión de permisos de condución das categorías C1, C1+E, C, C+E, D1, D1+E, D, D+E.
    A Cámara organiza tanto os cursos de cualificación inicial como os de formación continua, que deben realizar, cada cinco anos, aqueles conductores que estean exentos da inicial.

  • Operadores de carretillas e plataformas elevadoras
    Esta formacion específica é obrigatoria para todos os operarios que desempeñen tarefas de condución e manipulación de cargas, de acordo co Real Decreto 1215/1997, de 18 de xullo, que establece as condicións mínimas de seguridade e saúde na utilización de equipos de traballo.
    Os cursos inclúen oito horas de teoría e doce de práctica na condución destes automotores e están dirixidos tanto ás empresas que desexen formar aos seus operarios como aos desempregados interesados en acreditar a devandita formación para acceder a un posto de traballo.

Os cursos prográmanse en función da demanda, polo que para obter máis información sobre datas e horarios cómpre dirixirse ao departamento de formación:

Tel.: 981 333165
Fax: 981 333096

 

 

 
 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. C/María, 158. 15401. Ferrol (A Coruña) -Tl. 981 35 66 37 -