Cámara de Comercio del Ferrol

viveiro de empresas

Información xeral

Que é o viveiro de empresas?

Un viveiro de empresas é un espazo físico, especialmente deseñado para acoller empresas de nova creación, onde os emprendedores poden dispoñer dunhas instalacións e servizos a uns prezos máis reducidos que os habituais de mercado por un período de tempo determinado.

A Cámara de Comercio de Ferrol, dentro da súa política de estímulo á creación de empresas, puxo en marcha, xunto coa Fundación INCYDE, o seu propio viveiro coa axuda de fondos FEDER, co apoio do Concello de Ferrol e coa achega económica da Deputación da Coruña.

O viveiro constitúese como un elemento dinamizador que articula a creación de vocacións empresariais, mediante un completo proceso de formación e titorización de emprendedores ata a súa definitiva implantación no mercado, cos seguintes obxectivos:

  • Favorecer o nacemento e a consolidación de novas empresas.
  • Favorecer a creación de postos de traballo, que de forma inducida supón a creación de empresas e a súa proxección futura sobre o tecido socioeconómico.
  • Diversificar a estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.
  • Crear un medio idóneo en condicións de prezo e servizos (consultar tarifas) que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu plan de empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estean en situación de competir e actuar en condicións de mercado.

Instalacións

As instalacións do viveiro de empresas atópanse no centro de Ferrol, na antiga sede da Cámara que conservou a súa fachada orixinal pero mudou o seu interior nun moderno edificio, con capacidade para acoller a 16 proxectos emprendedores.
A planta baixa e o entrechán acollen os servizos comúns e a primeira e segunda plantas os módulos con oficinas.
A superficie de cada cubículo é de 15 a 20 metros cadrados. Todos eles están dotados do equipamento indispensable para desenvolver calquera iniciativa empresarial: mobiliario de oficina, teléfono e acceso a Internet.   

Viveiro de Empresas


Viveiro de empresas
Rúa María, 158, Baixo
Tel. 981 364 211   Fax: 981 364 212
E-mail: [email protected]

 

 

 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. C/María, 158. 15401. Ferrol (A Coruña) -Tl. 981 35 66 37 -