Cámara de Comercio del Ferrol

viveiro de empresas

Centro de negocios

Estas instalacións configúranse tamén como un centro de negocios para aloxar temporalmente a empresas dunha forma sinxela e eficaz, pondo á súa disposición modernas oficinas con equipamento completo (mobiliario, conexión a Internet, mantemento, limpeza, recepción, zonas de espera, salas de reunións, etc.)

Ademais da súa inmellorable localización física, no corazón da zona comercial e de servizos de Ferrol, as empresas que desexen alugar unha oficina terán acceso directo a todos os servizos que ofrece a Cámara ás súas empresas asociadas.

Especialmente idóneo para compañías que están na súa fase de implantación ou para empresas foráneas durante as súas visitas ou estancias de negocios na nosa cidade que, sen ningún tipo de investimento, terán ao seu alcance a infraestrutura e os servizos que precisen.

Viveiro de Empresas


Viveiro de empresas
Rúa María, 158, Baixo
Tel. 981 364 211   Fax: 981 364 212
E-mail: [email protected]

 

 

 
 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 -