Cámara de Comercio del Ferrol

formación

Condicións de participación

Os cursos organizados pola Cámara de Comercio diríxense, prioritariamente, ás empresas da súa demarcación, pero tamén poden inscribirse as persoas interesadas en formarse nas técnicas empresariais.

Na maior parte dos casos están contempladas bonificacións para as empresas asociadas á Cámara, que se aplican tanto aos empresarios como aos seus traballadores. Noutras ocasións, os cursos teñen carácter gratuíto ou están financiados.

No caso de que algún alumno teña que darse de baixa nun curso, só terá dereito a recuperar o diñeiro se avisa sete días antes do inicio deste. En caso contrario, non se reembolsará o importe da matricula nin se cambiará por outro curso.

A Cámara resérvase o dereito de aprazar ou anular —neste caso, devolveranse os importes aboados— aqueles cursos nos que non se consiga reunir un mínimo de participantes.

Á marxe destas condicións xerais de participación, os requisitos de acceso dependerán do tipo de curso, do contido e do nivel do seu programa formativo.

Prazas limitadas

As prazas son limitadas en todos os cursos. As inscricións realizaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes.

Diplomas

Rematados os cursos, a Cámara entregará un diploma ou certificado  a aqueles alumnos que acrediten a súa asistencia e aproveitamento. Esixirase, polo menos, unha asistencia do 80% das horas lectivas.

 

 

 
Cursos onlineQuiero empleoMasPymeDeustoMaster
 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 -