Este departamento desenvolve unha función de asesoramento ás empresas que precisen resolver problemas xurídicos relacionados co exercicio da súa actividade, especialmente en asuntos relativos a:
As consultas teñen carácter gratuíto para as empresas asociadas e préstanse, tras a petición correspondente, mediante entrevistas persoais. En calquera caso, o servizo que se ofrece limítase á orientación e ao asesoramento legal e, polo tanto, queda excluído o litixio ante as instancias administrativas e xudiciais.
Ocúpase tamén de realizar un regular seguimento, estudo e análise das novidades lexislativas que teñen incidencia na actividade empresarial e de canalizar as actuacións de contido xurídico que a Cámara poida promover, ademais de realizar os informes soliciten os órganos de goberno.