A Cámara de Comercio de Ferrol ofrece un servizo de recuperación de débedas e avaliación de riscos de impago. Trátase de optimizar a xestión de xestión de impagados co obxectivo de que a empresa morosa proceda con celeridade ao pago das cantidades que debe. Para a prestación deste servizo a Cámara conta coa colaboración dunha firma especializada na reclamación e recobro de impagados entre empresas.
Para a prestación deste servizo a Cámara conta coa colaboración dunha firma especializada na reclamación e recobro de impagados entre empresas.
Proceso de recobro
As empresas que demanden este servizo entregarán á Cámara toda a documentación que sirva para coñecer os detalles da operación. Unha vez revisada e comprobada, iniciarase o proceso de recobro en vía extraxudicial, a través de sucesivos requirimentos de pago que, de non ser atendidos, levan á incoación dun procedemento monitorio para que sexa o xulgado quen requira o pago ao debedor, podendo ditar a correspondente orde de embargo. Nunha elevada porcentaxe dos casos, conséguese o cobro por esta vía. De non dar resultado, e coa autorización da empresa, acudiríase aos procedementos xudiciais ordinarios.
Condicións
A contratación do servizo presenta condicións vantaxosas para as empresas asociadas á Cámara. O custo final varía segundo se trate dun recobro xudicial ou extraxudicial, do ámbito xeográfico no que se produza (nacional ou internacional) ou da cantidade final que se recupere. No caso de recobros íntegros a empresa non ten que soportar ningún tipo de gastos xa que estes serán repercutidos integramente ao debedor.