Un viveiro de empresas é un espazo físico, especialmente deseñado para acoller empresas de nova creación, onde os emprendedores poden dispoñer dunhas instalacións e servizos a uns prezos máis reducidos que os habituais de mercado por un período de tempo determinado.
A Cámara de Comercio de Ferrol, dentro da súa política de estímulo á creación de empresas, puxo en marcha, xunto coa Fundación INCYDE, o seu propio viveiro coa axuda de fondos FEDER, co apoio do Concello de Ferrol e coa achega económica da Deputación da Coruña.
O viveiro constitúese como un elemento dinamizador que articula a creación de vocacións empresariais, mediante un completo proceso de formación e titorización de emprendedores ata a súa definitiva implantación no mercado, cos seguintes obxectivos:
As instalacións do viveiro de empresas atópanse no centro de Ferrol, na antiga sede da Cámara que conservou a súa fachada orixinal pero mudou o seu interior nun moderno edificio, con capacidade para acoller a 16 proxectos emprendedores.
A planta baixa e o entrechán acollen os servizos comúns e a primeira e segunda plantas os módulos con oficinas.
A superficie de cada cubículo é de 15 a 20 metros cadrados. Todos eles están dotados do equipamento indispensable para desenvolver calquera iniciativa empresarial: mobiliario de oficina, teléfono e acceso a Internet.
Viveiro de empresas
Rúa María, 158, Baixo
Tel. 981 364 211 Fax: 981 364 212
E-mail: [email protected]