A Cámara ofrece aos empresarios asesoramento e información sobre aquelas cuestións que afectan directamente á súa actividade. Así, atende consultas sobre lexislación comercial e novidades normativas, liñas de axuda especiais para o comercio, franquías, horarios, reclamacións, busca de provedores, arrendamento de locais comerciais, etc.
Tamén desenvolve diferentes programas para contribuír á mellora da competitividade dos establecementos comerciais de Ferrol, Eume e Ortegal.
Para calquera consulta:
Tel: 981 333165 – Ext. 2
Fax: 981 333096