Cámara de Comercio del Ferrol

a cámara

Que é a Cámara?

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol é unha entidade que presta ás empresas servizos de información, formación, asesoramento e asistencia técnica co obxectivo de contribuír a optimizar a súa consolidación e competitividade.

É ademais un órgano consultivo e de colaboración das Administracións Públicas. A dita función canalízase, fundamentalmente, a través da presentación de propostas encamiñadas a conseguir o desenvolvemento económico das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, e a realización de actividades que contribúan á defensa, o apoio e o fomento da actividade empresarial.

Pola súa natureza xurídica, a Cámara é unha corporación de Dereito Público dirixida polos propios empresarios que elixen democraticamente, cada catro anos, os seus representantes nos órganos de goberno da entidade.

O seu obxecto e finalidade, funcións e organización, así como o seu réxime electoral, económico e orzamentario están regulados pola Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia e a Lei 3/1993, de 22 de marzo, básica das cámaras oficias de comercio, industria e navegación.


 
 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. C/María, 158. 15401. Ferrol (A Coruña) -Tl. 981 35 66 37 -