Cámara de Comercio del Ferrol

a cámara

Quen forma parte dela?

Poderán formar parte da Cámara todas as persoas físicas ou xurídicas que exerzan unha actividade comercial, industrial ou de servizos suxeita ao Imposto de Actividades Económicas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e que soliciten a súa adhesión voluntaria cubrindo o correspondente formulario de adscrición

O censo da Cámara comprende as actividades do sector extractivo, industrial, da construción, comercial, dos servizos, singularmente hostalería, transporte, comunicacións, aforro, financeiros, seguros, alugamento, espectáculos, xogos e actividades artísticas, así como os relativos a xestoría, intermediación, representación ou consignación no comercio, taxacións e liquidacións de todas clases e os correspondentes as axencias inmobiliarias, da propiedade industrial, de valores negociables, de seguros e créditos.

O seu ámbito territorial abarca os Concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.


 
Cursos onlineQuiero empleoMasPymeDeustoMaster
 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 -