A Cámara é unha institución democrática, dirixida polas propias empresas que elixen aos representantes que integran os seus órganos de goberno: o pleno, o comité executivo e o presidente.
É o órgano supremo de goberno e de representación da Cámara. Componse de 29 membros dos que 25 son elixidos, cada catro anos, mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto entre o conxunto de empresas da súa demarcación. A industria, o comercio e o servizos están representadas en proporción á importancia relativa que cada un dos grupos ou categorías profesionais teñen neste ámbito territorial.
Os outros catro membros son elixidos a proposta da Confederación de Empresarios de Galicia entre persoas de recoñecido prestixio na vida económica.
Conta, ademais, con seis vogais colaboradores que participan nas sesións con voz pero sen voto.
Entre outras funcións, o pleno aproba os orzamentos, determina as directrices de actuación e elixe, no seu seo, ao presidente aos membros do comité executivo.
É o órgano permanente de xestión e administración da Cámara. Está formado polo presidente, dous vicepresidentes, o tesoureiro e cinco vogais.
Entre as súas atribucións figura a de levar a cabo o control orzamentario e propoñer ao pleno todo tipo de actuacións tendentes ao cumprimento dos fins da entidade.
Ten atribuída a representación da Cámara, preside todos os seus órganos colexiados e é o responsable da execución de todos os acordos aprobados.