Cámara de Comercio de Ferrol

Oficina de prensa

 

Empresas auxiliares do naval buscan coa Cámara oportunidades de negocio en Turquía

05/06/2012

Seis empresas auxiliares do sector naval da comarca están esta semana en Turquía donde, da man da Cámara de Comercio de Ferrol, desenvolverán una axenda de entrevistas con potenciais clientes deste país.

AMPLIAR

 

A Cámara ofrece os seus certificados dixitais para a presentación das contas anuais e outros trámites telemáticos

31/05/2012

Ante a inminencia dos trámites de aprobación e presentación das contas anuais por parte das sociedades mercantís, a Cámara de Comercio de Ferrol lembra ás empresas que os certificados dixitais que emite, a través de Camerfirma, permiten realizar telemáticamente o depósito das devanditas contas ante o rexistro mercantil.

AMPLIAR

 

Facilidades de financiamento para desempregados no programa para directivos da Cámara e Deusto

22/05/2012

O Programa Executive en Dirección de Empresas que impartirá en Ferrol a Deusto Business School, en colaboración coa Cámara de Comercio, ofrece facilidades de financiamento para aqueles profeionais con experiencia que se quedasen en situación de desemprego e que estean interesados en buscar novas oportunidades profesionais.

AMPLIAR

 

A Cámara convoca ás empresas do naval a un encontro empresarial en Brasil

14/05/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol está a traballar na organización dun econtro empresarial en Brasil con motivo da celebración de Navalshore 2012, Feria e Conferencia da Industria Naval e Offshore, que se celebrará en Río de Janeiro do 1 ao 3 de agosto.

AMPLIAR

 

Cámara e Aimen programan novos cursos de especialización en soldadura

10/05/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol programou para o mes de xuño tres cursos prácticos de especialización para técnicos de soldadura que se organizan en colaboración co Centro Tecnolóxico da Asociación de Investigación Metalúrgica do Noroeste (AIMEN).

AMPLIAR 

 

A Cámara convoca unha misión comercial a Alemaña e Austria

09/05/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol convoca unha misión comercial de carácter multisectorial a Alemaña e Austria que se desenvolverá do 23 ao 28 de setembro no marco do Plan de Fomento das Exportacións Galegas 2012.

AMPLIAR

 

A Cámara desenvolverá un ciclo de talleres formativos sobre coctelería e novas tendencias de cociña

04/05/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol vai desenvolver un programa formativo específico que inclúe trece talleres prácticos sobre técnicas de coctelería e diferentes tendencias de cociña, que se impartirán a partir do 14 de maio e ata o 18 de xullo.

AMPLIAR

 

O pleno da Cámara lamenta a renuncia de oito dos seus membros

24/02/2012

O pleno da Cámara de Comercio de Ferrol lamenta a decisión adoptada polos oito vogais que presentaron a súa renuncia a formar parte desta corporación, unha decisión que deixa sen representación aos empresarios que lles votaron.

AMPLIAR

 

 

A Cámara desenvolverá un ciclo de seminarios sobre a xestión da crise no comercio

22/02/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol vai desenvolver un programa formativo específico para o pequeno comercio que inclúe , entre outros, unha serie de seminarios relacionados coa xestión da crise neste sector.

AMPLIAR

 

A Cámara de Comercio de Ferrol impartirá a próxima semana dous cursos de capacitación para carretilleiros

21/02/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol impartirá a próxima semana dous cursos de capacitación para carretilleiros. Estas actividades formativas, de 20 horas de duración, desenvolveranse, do 27 de febreiro ao 2 de marzo, nunha quenda de mañá e noutra de tarde.

AMPLIAR

 

A Cámara reunirase cos comerciantes para analizar a crise do sector

15/02/2012

O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Xoán Gato, e representantes do sector comercial no pleno da entidade manterán, mañán, a partir das 20.30 h, unha reunión con comerciantes da cidade para analizar a difícil situación pola que está a atravesar o comercio retallista.

AMPLIAR

 

A Cámara ofrece ás pemes un novo software de xestión

14/02/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol ofrece ás empresas da súa demarcación a posibilidade de implantar, a través do proxecto Innovía, un software de xestión empresarial, especialmente concibido para pemes e autónomos.

AMPLIAR

 

A Cámara selecciona empresas das artes gráficas para un proxecto de mellora da competitividade

09/02/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol puxo en marcha o proxecto DIAPLAN que consiste na elaboración de diagnósticos e plans de mellora empresarial para pequenas e medianas empresas do sector das artes gráficas.

AMPLIAR

 

Cámara e Deusto inician o proceso de selección de participantes para o programa de dirección de empresas

07/02/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol inicia esta semana o proceso de inscrición, selección e admisión dos candidatos a participar no Programa Executive en Dirección de Empresas da Deusto Business School (DBS) que comezará a impartirse no mes de abril.

AMPLIAR

 

A Cámara celebra o xoves unha xornada sobre a protección por cese de actividade para os autónomos

23/01/2012

A cámara de Comecio de Ferrol acolle, o próximo xoves,día 26 de xaneiro, unha xornada informativa, organizada en colaboración con FREMAP, sobre aprestación por cese de actividade para os traballadores autónomos.

AMPLIAR

 

A Cámara deseña programas de recolocación para traballadores afectados por EREs

16/01/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol, a través do seu departamento de intermediación laboral, puxo en marcha un novo servizo que deseña programas de recolocación grupal para traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego de carácter extintivo.

AMPLIAR

 

A Cámara informará sobre a protección por cese de actividade para os autónomos

11/01/2012

A Cámara de Comercio de Ferrol, en colaboración con FREMAP, programou, para o próximo 26 de xaneiro, unha xornada para informar aos autónomos da posibilidade de acceder á prestación por cese de actividade.

AMPLIAR

 

A Cámara organiza un novo curso de cociña saudable para profesionais

09/01/2012

A Cámara de Comercio organiza un novo curso de cociña sa e natural para profesionais da hostelaría e restauración que se vai desenvolver a partir do día 20 de xaneiro.

AMPLIAR

 

O servizo de intermediación laboral da Cámara rexistrou dous mil novos demandantes en 2011

05/01/2012

Durante o ano 2011 o número de demandantes inscritos no servizo de intermediación laboral da Cámara de Comercio de Ferrol incrementouse nun 66%. Así, 20.025 persoas rexístraronse por primeira vez neste servizo que, deste xeito, alcanza unha cifra total de 5082 candidatos a participar nas ofertas de emprego que tramita esta entidade.

AMPLIAR

 

A Cámara programa un obradoiro de cociña de Nadal

01/12/2011

A Cámara de Comercio de Ferrol organiza un novo obradoiro de cociña para aqueles profesionais da hostelaría e a restauración que queiran introducir nas súas cartas e menús novos pratos propios da cociña de Nadal.

AMPLIAR

 

Remata o curso de cociña saúdable

09/11/2011

A Cámara de Comercio de Ferrol ven de clausurar o obradoiro sobre cociña sana e natural no que participou un grupo de profesionais de establecementos de hostalería e restauración da comarc. A entidade programará unha nova edicion desta actividade formativa debido ao éxito de participación.

AMPLIAR

 

A Cámara pon en marcha un servizo de alertas sobre axudas e licitacións

08/11/2011

A Cámara de Comercio de Ferrol ofrece ás empresas asociadas un novo servizo de alertas que prmite o acceso á información sobre axudas e subvencións.

AMPLIAR

 

Cámara de Comercio de Ferrol e Escola de Negocios Noacaixagalicia formarán especialistas en xestión e cadros de mando

07/11/2011

A Cámara de Comercio de Ferrol E a Escuela de Negocios Novacaixagalicia organizan un curso sobre deseño de indicadores de xestión e cadros de mando que comezará a impartirse o próximo día 15 de noviembre.

AMPLIAR

 

A Cámara pon á disposición das empresas un servicio de xestión de impagos

05/10/2011

A Cámara de Comercio de Ferrol, dentro do proceso de actualización e oferta de novos servizos, pon á disposición das empresas da súa demarcación un servizo para a recuperación das débedas e avaliación de riscos de impagos.

AMPLIAR

 

A Cámara organiza unha xornada sobre as novas responsabilidades penais das empresas

13/07/2011

A Cámara de Comercio de Ferrol, en colaboración co bufete Gómez-Acebo&Pombo organiza, para o próximo 21 de xullo, unha xornada sobre os novos riscos penais da empresa.

AMPLIAR

 

Cámara e Garrigues informan sobre os procedementos para a reclamación dos impagos

06/07/2011

A Cámara de Comercio de Ferrol organiza, en colaboración con Garrigues, para o próximo día 15 de xullo, un seminario sobre a xestión de débedas comerciais e os seus aspectos prácticos, en concreto sobre os diferentes procedementos que poden seguir as pequenas e medianas empresas para a reclamación dos impagos.

AMPLIAR

 

Fimo e Cámara organizan os campamentos de verán Ocio Aventura

24/05/2011

» Ampliar noticia
 

Gato desminte que a Xunta falase de posibles fusións entre cámaras

12/05/2011

O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Juan Gato, desmentiu rotundamente que, na xuntanza que os titulares das nove cámaras galegas mantiveron con Nuñez Feijoo a pasada semana, se tratase da posible unificación destes  organismos en entes provinciais.

AMPLIAR

 

A Cámara prepara o seu plan de accións de promoción exterior

08/05/2011

Pendente da firma coa Consellería de Economía e Industria do Plan de Fomento das Exportacións Galegas-Foexga 2011, que se espera se formalice en breve, o departamento de comercio exterior da Cámara de Comercio de Ferrol ten previsto desenvolver actuacións de promoción en diferentes mercados.

AMPLIAR

 

Xunta e Fomento dan respostas contraditorias sobre o futuro do tren Ferrol-A Coruña

11/02/2011

Xunta e Fomento ofrecen respostas contraditorias aos escritos que lles remitiu o presidente da Cámara de Comercio, Juan Gato, manifestando a súa preocupación pola posible supresión da liña ferroviaria entre esta codade e A Coruña ao desaparecer as axudas da administración autonómica para manter os servizos neste traxecto.

AMPLIAR

 

Gato valora positivamente a reunión con Javier Guerra sobre o futuro das Cámaras galegas

28/01/2011

O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Juan Gato, valorou positivamente o resultado da reunión que mantivo na tarde de onte —xunto cos seus homólogos das restantes cámaras galegas— co conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, especialmente na medida en que este amosou unha boa disposición para buscar solucións a un problema derivado dunha decisión na que a administración autonómica non tivo participación.

AMPLIAR

 

A Cámara organiza unha xornada sobre xestión da igualdade na empresa

19/01/2011

A Cámara de Comercio de Ferrol organiza a xornada Xestión da igualdade: beneficios para a empresa, dedicada á implantación de plans de igualdade, que terá lugar o próximo martes, 25 de xaneiro, de 9 a 14 horas, na sede da entidade.

AMPLIAR

 

A Cámara convoca a empresas exportadoras para un encontro sobre posibilidades de negocio en Noruega

13/01/2011

A Cámara de Comercio de Ferrol convocou as empresas exportadoras da súa demarcación para participar nun encontro sobre oportunidades de negocio en Noruega. Esta actividade, que se organiza en colaboración co resto das cámaras galegas e coa Cámara de Comercio Hispano-Noruega, terá lugar en Santiago o próximo luns, día 17 de xaneiro.

AMPLIAR


 

 

Comunicado do presidente da Cámara ante a supresión de cotas

17/12/2010

Ante a decisión do Goberno de incluír no Real Decreto-Lei 13/2010 a supresión da obrigatoriedade de pago da cota cameral e as consecuencias que disto se derivan, o presidente da Cámara de Comercio de Ferrol manifesta que se trata dunha medida arbitraria e improvisada que vai afectar ao desenvolvemento presupostario da entidade e ás súas estruturas de persoal e de servizos.

 AMPLIAR

 

A Rede Innova Ferrol organiza un workshop sobre estratexias de innovación aplicada

01/12/2010

A Rede Innova Ferrol inicia a súa actividade coa organización dun workshop dedicado aos coñecementos estratéxicos en innovación aplicada que terá lugar o próximo venres, 3 de decembro, na sala de comunicación do Vicerreitorado  no Campus de Esteiro.

» Ampliar noticia
 

A Cámara reclama medidas urxentes que atenúen o impacto das obras

24/11/2010

A Cámara de Comercio reclama que o Concello de Ferrol poña en marcha, con carácter urxente de cara á campaña de Nadal, un conxunto de medidas que atenúen o impacto que están a sufrir os sectores comercial e de servizos polas obras que se levan a cabo en diferentes vías e prazas da cidade.

» Ampliar noticia
 

A Cámara reclama que se manteñan os servizos ferroviarios entre Ferrol e A Coruña

19/11/2010

O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Juan Gato dirixiuse ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, para trasladarlle a preocupación da entidade pola posible supresión da liña ferroviaria entre Ferrol e A Coruña como consecuencia da desaparición das axudas que ata agora concedía a administración autonómica para manter estes servizos.

 

» Ampliar noticia
 

A Cámara pide que o comercio local poida abrir o 7 de xaneiro

05/11/2010


A Cámara de Comercio, segundo o acordo adoptado polo seu comité executivo, dirixiuse ao Concello de Ferrol para instarlle a que tramite a solicitude que permita aos establecementos comerciais da cidade abrir o día 7 de xaneiro, festividade de San Xiao.

» Ampliar noticia
 

O presidente da Cámara satisfeito pola decisión do Tribunal da UE de suspender a aplicación do decreto do carbón

04/11/2010

O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Juan Gato, amosou a súa satisfacción pola decisión do Tribunal de Luxemburgo de aplicar medidas provisionais contra a decisión da Comisión Europea de autorizar compensacións polo uso de carbón autóctono.

» Ampliar noticia
 

Cámara ofrece un servizo de intelixencia tecnolóxica internacional

29/10/2010

A Cámara de Comercio de Ferrol pon en marcha un Servizo de Intelixencia Tecnolóxica Internacional (SITI) que busca mellorar a competitividade das empresas por medio da explotación da información tecnolóxica e de competidores internacionais. Asemade, convócanse axudas para as empresas interesadas en beneficiarse deste servizo.

AMPLIAR

 

O presuposto da Cámara para 2011 redúcese nun 15,8%

28/10/2010

O pleno da Cámara de Comercio de Ferrol aprobou onte o seu presuposto para 2011, que ascenderá a 1.246.800 euros. Esta cifra representa unha minoración do 15,8 % respecto do exercicio actual.

Este descenso obedece a un criterio de prudencia pola previsible redución dos ingresos por recursos permanentes da entidade, é dicir aqueles que proceden da recadación das cotas dos empresarios, en función da caída dos rendementos das sociedades e dos autónomos por mor da crise.

AMPLIAR

 

 

A Cámara lamenta o tratamento que recibe Ferrol nos Presupostos Xerais do Estado

01/10/2010

A Cámara de Comercio  valora de xeito moi negativo o recorte nas diferentes partidas previstas para Ferrol nos Presupostos Xerais do Estado
 
Aínda que as restricións presupostarias que sofre Galicia son menores que as doutras comunidades autónomas, unha vez máis, Ferrol sae gravemente prexudicada, especialmente no que atinxe aos investimentos previstos polo Ministerio de Fomento, o que provocará novos retrasos nas principais infraestruturas que están pendentes de execución.

» Ampliar noticia
 

A Cámara ofrecerá formación sobre ferramentas e boas prácticas en materia de innovación

16/09/2010

O departamento de Innovación da Cámara de Comercio de Ferrol deseñou un plan de accións formativas dirixido as empresas de Ferrol, Eume e Ortegal para a incorporación de aspectos innovadores nos seus produtos ou procesos industriais.

O principal obxectivo destas accións de carácter gratuíto é o de dinamizar e promocionar novas técnicas, metodoloxías, ferramentas e boas prácticas no eido da innovación, como estratexias para mellorar a produtividade e a competitividade.

AMPLIAR

 

A Cámara desenvolve un programa de seminarios gratuítos para autónomos e pequenas empresas

15/09/2010

A Cámara de Ferrol, en colaboración con BIC Galicia, desenvolverá a partir do próximo luns, 20 de setembro, un intenso programa de actividades formativas dirixidas a micropemes e autónomos, con especial atención ao pequeno comercio e á hostalería, sobre aspectos relacionados coa xestión comercial e empresarial.

En total impartiranse 19 seminarios, 15 en Ferrol e 4 en Ortigueira, con carácter gratuíto, xa que contan co financiamento do Fondo Social Europeo.

AMPLIAR

 

A comisión de comercio reuniuse con representantes dos concellos e das asociacións do sector

14/09/2010

A comisión de comercio interior da Cámara de Comercio de Ferrol mantivo onte unha primeira reunión con representantes das asociacións do sector e con alcaldes e concelleiros das áreas de comercio e promoción económica.

O presidente da comisión, Ramón Cobelo, manifestou que a Cámara pretende establecer unha relación fluída e de carácter permanente coas diferentes entidades que representan aos comerciantes para canalizar e aglutinar as súas demandas e necesidades e para ter unha única voz ante as administracións.

AMPLIAR

 

O presidente da Cámara reuniuse coas empresas que participan na misión comercial a Australia

13/09/2010

O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Juan Gato, reuniuse esta tarde co grupo de empresas do sector naval que participarán na expedición comercial que sairá o próximo sábado, día 18, con destino a Australia.

No curso desta reunión, na que se fixo entrega dos programas de traballo, Gato amosou a súa satisfacción pola resposta que tivo a convocatoria desta acción de promoción comercial, que conta coa participación de 24 empresas.

AMPLIAR

 

A antena local das Pontes convoca o segundo concurso de tapas entre os hostaleiros da vila

10/09/2010

O vindeiro luns, 13 de setembro, remata o prazo de inscrición para o II Concurso de Tapas da Vila das Pontes que organiza a antena local da Cámara de Comercio en colaboración co concello desta localidade e RTV Eume.

Todos os restaurantes, mesóns e bares da vila que participen no concurso, que terá lugar do 5 ao 12 de outubro, ofrecerán gratuitamente durante eses días unha tapa con cada consumición aos seus clientes.

Estes locais poderanse identificar grazas a un cartel no que se anuncia o concurso culinario e no que se recolle a localización de todos os participantes.

» Ampliar noticia
 

A Cámara e a Escola de Negocios Caixanova programan un curso sobre habilidades de comunicación

09/09/2010

A Cámara de Comercio de Ferrol abriu o prazo para inscribirse no curso de especialización en desenvolvemento de habilidades de comunicación que programa en colaboración coa Escola de Negocios Caixanova e que comezará a impartirse no vindeiro mes de outubro.

O obxectivo desta actividade formativa é ensinar aos alumnos a utilizar os principios e as ferramentas da comunicación, especialmente en situacións conflitivas e a aplicar estas ferramentas no ámbito da negociación e da empresa para así obter resultados satisfactorios.

Este programa terá unha duración total de sesenta horas lectivas e impartirase nas tardes dos venres e nas mañás dos sábados desde o 15 de outubro ata o 20 de novembro no centro de formación da Cámara.

» Ampliar noticia
 

Máis de vinte empresas do naval participan na misión comercial a Australia organizada pola Cámara

08/09/2010

O departamento de promoción internacional da Cámara de Comercio de Ferrol está a ultimar os preparativos da misión comercial a Australia que se vai desenvolver a partir do 18 de setembro.

Catorce empresas da demarcación do sector naval e da súa industria auxiliar sumáronse á convocatoria realizada pola Cámara. Estas firmas unicamente terán que sufragar o 20 % dos gastos derivados da participación na misión (viaxe, aloxamento e organización de axenda de contactos), xa que o 80% restante está cofinanciado pola propia Cámara e pola Unión Europea, a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional.

AMPLIAR

 

Xoán Gato desenvolve unha rolda de contactos con representantes das administracións e do tecido económico da comarca

09/08/2010

O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Juan Gato, está a manter, nas últimas semanas, unha intensa axenda de contactos con representantes das administracións e do tecido económico da comarca.

A partir da sesión do pleno celebrada o pasado 20 de xullo na que se aprobou o organigrama funcional da entidade, coa elección dos presidentes das comisións e dos representantes en diferentes organismos, Juan Gato está realizando as súas primeiras visitas e encontros oficiais.

AMPLIAR

 

A Cámara asesorou no primeiro semestre de 2010 a 74 emprendedoras no marco do Programa de Apoio Empresarial á Muller

05/08/2010

Os técnicos de creación de empresas da Cámara de Comercio de Ferrol asesoraron, nos seis primeiros meses de 2010, a un total de 74 mulleres que se dirixiron á entidade na procura de asesoramento para poñer en marcha o seu propio negocio. Esta cifra, que iguala a rexistrada en todo o ano 2009, ven a demostrar que, en tempo de crise, cobra forza a opción do autoemprego.

AMPLIAR

 

A Cámara incorpora dúas novas empresas a un plan de iniciación á exportación

23/07/2010

A Cámara de Comercio de Ferrol seleccionou as empresas Pasek Minerales S.L. e Diseño Naval e Industral S.L. (DINAIN), para incorporarse este ano ao Plan de Iniciación á Promoción Exterior - PIPE. 

O plan, no que colaboran o ICEX, as comunidades autónomas e as Cámaras, axuda a converter a pequenas e medianas empresas en exportadoras estables de forma sinxela e sen riscos. O PIPE conta cun orzamento, para executar en dúas anualidades, de 46.000 euros por empresa.

AMPLIAR

 

O novo pleno da Cámara elixiu os seus representantes en diferentes organismos

21/07/2010

O novo pleno da Cámara de Comercio de Ferrol celebrou onte a súa primeira reunión, despois da sesión constitutiva do pasado 24 de xuño, para designar aos seus representantes nos diferentes organismos e asociacións nos que a entidade ten participación.

AMPLIAR

 

A Cámara rexeita o decreto do carbón

20/07/2010

A Cámara de Comercio de Ferrol manifesta o seu total rexeitamento ao decreto do Goberno central que prima a utilización do carbón autóctono e que compromete gravemente a viabilidade das centrais térmicas das Pontes e Meirama alimentadas con carbón importado.

AMPLIAR

 

A cámara convoca unha misión comercial a Australia

13/07/2010

A Cámara de Comercio de Ferrol convocou ás empresas do sector naval e da súa industria auxiliar para participar nunha misión comercial a Australia que está previsto que se desenvolva do 18 ao 26 de setembro

AMPLIAR

 

Xoán Gato elixido novo presidente da Cámara de Comercio de Ferrol

24/06/2010

Xoán Gato Díaz foi elixido esta tarde como novo presidente da Cámara de Comercio de Ferrol no transcurso dunha sesión que estivo presidida pola directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro..

AMPLIAR

 

Completado o pleno da Cámara coa elección dos vogais propostos pola CEG

10/06/2010

Ana Dolores Prego Rodríguez, María Luisa Villar López, Victoria de la Cal Leira e Marcos Vidal Alvárez foron elixidos este mediodía para formar parte do pleno da Cámara de Comercio de Ferrol, completando así a composición do máximo órgano de goberno da entidade.

AMPLIAR

 

A Cámara promociona o turismo das tres comarcas

20/05/2010

Un grupo formado por operadores turísticos e xornalistas de Portugal inicia o próximo martes, 25 de maio, un percorrido polos principais puntos de interese turístico das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

AMPLIAR

 

A Cámara propón solucións para o aforro enerxético nas empresas

05/05/2010

A Cámara de Comercio de Ferrol, en colaboración co Instituto Tecnológico de Galicia, organiza para o vindeiro martes, 11 de maio, unha xornada sobre aforro e eficiencia enerxética na empresa.

AMPLIAR

 

A Cámara organiza un seminario sobre "ecoinnovación" na empresa

28/04/2010

A Cámara de Comercio de Ferrol acollerá o próximo 4 de maio o seminario Innovación para a competitividade sostible na empresa.

AMPLIAR

 

A Cámara presenta Ferrol en cifras

15/04/2010

A Cámara presentou esta mañá Ferrol en cifras 2009, un traballo elaborado polo seu departamento de estudos que recolle, trata e anaiza os principais indicadores estatísticos dos municipios da comarca.

AMPLIAR

 

O servizo de emprego da Cámara superou en marzo os 1.600 demandantes

09/04/2010

O servizo de emprego da Cámara de Comercio de Ferrol alcanzou no mes de marzo a cifra de 1.621 demandantes, o que supón duplicar o dato do mesmo mes en 2009 cando a bolsa de traballo da entidade rexistraba 814 inscritos.

AMPLIAR

 

A Cámara asina un convenio con Caixanova para realizar cursos de actualización directiva

26/03/2010

O director xeral de Caixanova, José Luís Pego, e o presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, Francisco Cruz, asinaron un convenio co obxectivo de impartir novos cursos de actualización directiva a través da Escola de Negocios da entidade financeira.

AMPLIAR

 

A Cámara investirá 1,7 millóns de euros no viveiro de empresas do Río do Pozo

22/03/2010

O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Francisco Cruz, e o alcalde de Narón, Xosé Manuel Branco, rubricaron esta mañá un convenio de colaboración para a construción dun viveiro de empresas no polígono industrial de Río do Pozo.

AMPLIAR

 

Cincuenta e dous candidatos disputaranse as vogalías do Pleno da Cámara

18/03/2010

Cincuenta e dous candidatos concorren ás eleccións para a renovación do pleno da Cámara de Comercio de Ferrol que se celebrarán o próximo 22 de abril.

AMPLIAR

 

A Cámara participará nunha feira do sector naval en Dubai

17/03/2010

A Cámara de Comercio de Ferrol convocou a empresas galegas do sector naval para participar na feira Seatrade Middle East Maritime que se celebrará e Dubai (Emiratos Árabes Unidos) do 26 ao 28 de outubro.

AMPLIAR

 

A antena das Pontes organiza unha xornada informativa sobre recuperación do IVE

17/03/2010

A antena da Cámara de Comercio no concello das Pontes organiza para o próximo luns, 22 de marzo, unha xornada informativa sobre o procedemento que poden seguir as empresas para recuperar o IVE das facturas emitidas e non cobradas.

AMPLIAR

 

Alumnos de formación profesional visitan esta tarde o viveiro de empresas

11/03/2010

Un grupo de 17 alumnos de formación profesional visitarán esta tarde o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Ferrol para coñecer as actividades que  desenvolve e reunirse cos emprendedores alí aloxados.

AMPLIAR

 

A Cámara apoia a incorporación de novas tecnoloxías á xestión das pemes

09/03/2010

A Cámara de Comercio de Ferrol pon en marcha Documentapyme, un novo servizo dirixido a calquera empresa que desexe ter un acceso rápido e seguro aos seus documentos mercantís fundamentais.

Tamén se abre hoxe o período de presentacion de solicitudes para participar no proxecto TIC aplicadas á xestión das relacións cos cos clientes das pemes (CRM-Pyme), dirixido á implantación dun CRM en dez pequenas e medianas empresas.

AMPLIAR

 

A Cámara organizou a visita a viveiros galegos de importadores de planta franceses e alemáns

05/03/2010

Unha expedición comercial composta por cinco importadores de planta ornamental procedentes de Alemaña e outros tres chegados de Francia, organizada pola Cámara de Comercio de Ferrol, visitou esta semana oito viveiros de produtores localizados en diferentes puntos da xeografía galega.

AMPLIAR

 

A antena de Ortigueira organiza un curso de empaquetado para comerciantes

18/02/2010

A antena da Cámara de Comercio en Ortigueira organiza un curso práctico de empaquetado que comezará o próximo luns, 22 de febreiro.

AMPLIAR

 

A Cámara promoverá as exportacións en 17 países

21/01/2010

Dezasete países serán o destino das accións de promoción comercial que vai desenvolver, ao longo de 2010, a Cámara de Comercio de Ferrol co obxectivo de propiciar un incremento das vendas de produtos galegos a estes mercados.

AMPLIAR

 

A Cámara ofrece formación para mellorar a atención ao cliente no sector turístico e hostaleiro

11/11/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol abriu o prazo de inscrición para un curso de atención ao cliente en establecementos turísticos e hostaleiros que comezará a impartirse o próximo día 23 de novembro.

AMPLIAR

 

Importadores británicos de planta ornamental visitarán viveiros da comarca

29/10/2009

Produtores de planta ornamental da comarca terán a posibilidade de presentar os seus produtos, a próxima semana, aos importadores británicos que participan na misión inversa organizada pola Cámara de Comercio de Ferrol dentro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA).

AMPLIAR

 

A Cámara inicia dous programas formativos para mellorar a estratexia de vendas

15/10/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol vai desenvolver dous programas formativos dirixidos a executivos e responsables de mercadotecnia e vendas. Con esta iniciativa preténdese, en tempos de crise económica, axudar ás empresas a reformular a súa estratexia comercial  e a xerar novos ingresos a través desta.

AMPLIAR

 

A exposición o censo para as próximas eleccións na Cámara

13/10/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol inicia mañá, 14 de outubro, coa exposición do censo, o proceso electoral para a renovación dos seus órganos de goberno. Desde esta data e ata o 12 de novembro, os 15.880 electores da circunscrición da Cámara,  poderán consultar os seus datos censales nas oficinas da entidade.

AMPLIAR

 

A antena local de Ortigueira organiza un seminario sobre rebaixas e promocións

08/10/2009

A antena da Cámara de Comercio en Ortigueira programou para este outono unha serie de accións formativas dirixidas aos comerciantes desta localidade que comezarán, o vindeiro mércores, día 14 de outubro, cun seminario, de carácter gratuíto, sobre as distintas modalidades especiais de vendas.

AMPLIAR

 

Empresas de Ferrol interesanse pola venda a través de Internet

06/10/2009

Preto de medio cento de empresas déronse cita na xornada A estratexia da empresa tradicional en Internet, organizada pola Cámara de Comercio de Ferrol, dentro do Programa Maspyme. Diferentes expertos déronlles a coñecer as pautas para poder situar os seus negocios con éxito en Internet e mellorar así a súa competitividade na rede.

AMPLIAR

 

A antena de Ortigueira organiza un novo curso para manipuladores de alimentos

02/10/2009

A antena local en Ortigueira da Cámara de Comercio organiza un curso para manipuladores de alimentos que se impartirá o próximo mércores, día 7 de outubro, de 17 a 20 h no museo Ortegalia.

AMPLIAR

 

A Cámara amplia o seu horario de atención ao público

02/10/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol modifica, a partir do 5 de outubro, o seu horario de atención ao público co fin de amplialo e adaptalo ás necesidades dos usuarios dos seus servizos.

AMPLIAR

 

A antena local promove un concurso de tapas entre os hostaleiros das Pontes

01/10/2009

A antena local da Cámara de Comercio nas Pontes  —en colaboración co concello desta localidade, a Asociación do Gourmet e RTV Eume— organiza o I Concurso de Tapas Vila das Pontes que comezará o próximo luns, 5 de outubro.

AMPLIAR

 

A Cámara ensina como previr riscos nas exportacións

29/09/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol organiza, para os próximos días 5 e 6 de outubro, un seminario gratuíto no que dará a coñEcer ás empresas os mecanismos que serven para previr e limitar os riscos derivados dos procesos de expedición de mercadorías a outros países.

AMPLIAR

 

A Cámara ofrece este outono máis de cuatrocentas horas de formación para a empresa

23/09/2009

O programa de formación para este outono da Cámara de Comercio de Ferrol ofrece unha trintena de novos cursos, nas áreas de dirección, xestión económico-financeira, comercial, internacionalización, recursos humanos, hostalería, turismo e innovación, que supón máis de catrocentas horas de formación presencial.

AMPLIAR

 

 

A Cámara inicia un programa de creación e consolidación de empresas

15/07/2009

Persoas que queren pór en marcha un proxecto viable de creación de empresas e empresarios que buscan mellorar a rendibilidade do seu negocio son os destinatarios do Programa de Creación e Consolidación de Empresas que comeza a próxima semana na Cámara de Comercio de Ferrol.

AMPLIAR

 

A Cámara informa ás empresas sobre a liberalización do mercado eléctrico

06/07/2009

O vindeiro martes, 7 de xullo, a Cámara de Comercio de Ferrol acollerá unha xornada informativa sobre as repercusións que ten a liberalización do mercado eléctrico no custo da subministración ás empresas. Esta actividade organízase en colaboración coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC).

AMPLIAR

 

A Cámara vai elaborar un manual de estilo para fomentar o uso do galego na empresa

23/06/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol vén de asinar un novo convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística que lle vai permitir á entidade reforzar o seu compromiso coa dinamización da lingua galega no eido empresarial.

Entre as actividades que se van desenvolver cómpre destacar a elaboración dun manual de estilo para as empresas, unha ferramenta que servirá para resolver dúbidas comúns no uso do idioma e que ofrecerá consellos prácticos para facilitar a elaboración de documentos.

AMPLIAR

 

Cosan participa nun showroom para importadores rusos da man da Cámara

02/06/2009

A firma de moda infantil Cosan Baby participa mañá en Ourense, xunto con outras empresas galegas de confección, nun showroom para dar a coñecer as súas creacións a un grupo de catorce importadores procedentes de Rusia.

AMPLIAR

 

A Cámara pon en marcha o proxecto Innovía

27/05/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol vai desenvolver o proxecto Innovía que permitirá a 25 pequenas e medianas empresas da súa demarcación racionalizar a súa xestión mediante unha ferramenta ofimática avanzada deseñada para mellorar a organización dos aspectos administrativos e comerciais.

AMPLIAR

 

Seleccionanse 20 proxectos para participar nun seminario de planificación empresarial

20/05/2009

O departamento de creación de empresas da Cámara de Comercio de Ferrol está iniciando a selección de participantes para o seminario de planificación empresarial que, organizado en colaboración con Bic Galicia, vai desenvolver durante o mes de xuño.

AMPLIAR

 

A Cámara informa ao comercio sobre posibles accións e estratexias ante a crise

07/05/2009

Co obxectivo de presentar as posibles medidas que os comerciantes poden adoptar para afrontar a actual crise económico, a Cámara de Comercio de Ferrol programou a xornada informativa O pequeno comercio ante a crise:estratexias e actuacións que se celebrará o próximo xoves, 14 de maio.

AMPLIAR

 

 

Cámara e Caixanova abordan a Lei Concursal como alternativa ante a crise

22/04/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol e a Escola de Negocios Caixanova organizan o seminario A Lei Concursal: unha alternativa para empresas en crise que se desenvolverá os días 24 e 25 deste mes no centro de formación da Cámara.

AMPLIAR

 

A Cámara centra as súas accións de internacionalización en mercados europeos

17/04/2009

Dentro do plan de internacionalización elaborado polas Cámaras de Comercio de Galicia, a de Ferrol centrará as súas accións promocionais nos mercados centroeuropeos, a través de misións comerciais directa e inversas que alcanzarán, no primeiro semestre deste ano, a un conxunto de dez países.

AMPLIAR

 

As antenas organizan seminarios sobre o pequeno comercio ante a crise

16/04/2009

As antenas da Cámara nas Pontes e Ortigueira organizan senllos seminarios, que se celebrarán, respectivamente, os días 20 e 28 de abril, sobre as accións e estratexias que pode desenvolver o pequeño comercio para afrontar a crise

AMPLIAR

 

A Cámara informa sobre os sistemas de xestión da seguridade na información

07/04/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol organiza, para o próximo 15 de abril, unha xornada técnica sobre os sistemas de xestión da seguridade da información de acordo coa norma ISO 27001.

AMPLIAR

 

A Cámara analiza as necesidades formativas das empresas da comarca

03/04/2009

A Cámara presentou un estudo sobre as necesidades fomativas das empresas da comarca, un traballo elaborado polo seu departamento de estudos que recolle, trata e analiza indicadores relacionados coa formación e os recursos humanos.

AMPLIAR

 

Viveiros da comarca manterán contactos con importadores centroeuropeos

25/03/2009

Produtores de planta ornamental de la comarca tendrán a posibilidade de  presentar os seus produtos a un grupo de dez importadores procedentes de Polonia, Hungría e Croacia que estarán en Galicia do 30 de marzo ao 3 de abril, no marco dunha misión inversa organizada por esta Cámara de Comercio.

AMPLIAR

 

A Cámara celebra unha xornada sobre o aseguramento do risco en tempos de crise

20/03/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol, en colaboración co Instituto Atlántico do Seguro (INADE), celebrará o próximo martes, día 24 de abril, unha xornada informativa sobre o seguro en tempo de crise.

AMPLIAR

 

A Cámara asina un convenio para a inserción laboral de mozos coa síndrome de Down

17/03/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol sumouse ao programa Emprego con Apoio que promove a Asociación Down Ferrol para permitir a realizaciónde prácticas e posterior inserción laboral de persoas con esta discapacidade.

AMPLIAR

 

A Cámara trae a Fevino un grupo de importadores americanos

27/02/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol volve a organizar unha misión inversa de importadores de viño procedentes dos Estados Unidos que estarán en Ferrol do 7 ao 10 de marzo para, no marco de Fevino, entrevistarse con viticultores galegos. Esta acción ten como obxectivo aumentar as exportacións dos viños galegos a un dos mariores mercados do mundo deste produto.

AMPLIAR

 

A Cámara participará no Ano Económico de Hungría en España

04/02/2009

A Cámara de Comercio de Ferrol vai participar no Ano Económico de Hungría en España ocupándose da organización na nosa cidade dun acto no que se van presentar aos empresarios galegos as oportunidades de negocio e investimento no país maxiar.

AMPLIAR

 

 

 

 
 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. C/María, 158. 15401. Ferrol (A Coruña) -Tl. 981 35 66 37 -